
O sábado 12 de xullo celebrarase a II Carreira de Andadura na pista ecuestre construída na zona da Bidueira, no concello de Cervo.
A competición, que arrincará ás 10:30 horas pola mañá, e ás 16:00 horas pola tarde, foi presentada polo edil de Zona Rural, Adrián Arias; polo concelleiro Alfredo Fernández, e por unha representación da asociación Cabaleiros da Bidueira, que organiza esta cita cabalar coa colaboración do Concello de Cervo.
O prazo para anotarse remata o 9 de xullo e as persoas interesadas poden facelo a través dos teléfonos 657.256.408 ou 677.539.285.
O Concello de Cervo anima a todos os afeccionados do mundo ecuestre a participar desta experiencia que “encherá de vida Cervo, grazas ao traballo da asociación Cabaleiros da Bidueira, nunha carreira na que o público tamén será protagonista e poderá desfrutar dunha xornada chea de beleza, tradición e bo ambiente nunha carreira que non só enaltece a beleza e destreza do cabalo galego senón tamén o traballo e dedicación das persoas que manteñen viva esta disciplina tan nosa”.