Furnas
O día 31 de xaneiro, sábado, ás 18:00 horas os Colexios Vellos de San Miguel de Reinante acollerán unha charla coloquio titulada Furnas do concello de Barreiros. Toponimia e curiosidades xeolóxicas da costa.
Está organizada polo Seminario de Estudos Os Espigueiros, de San Miguel de Reinante, e participarán os espeleólogos Xurxo Lorenzo e Javi Fouz.
Burela acollerá os días 5 e 6 de setembro o LIII Campamento Galego de Espeleoloxía. Nesta edición estudaranse as furnas mariñas da zona do Perdouro.
O concelleiro de Turismo, Ramiro Fernández, explicou que “esta fin de semana vai ter lugar en Burela un campamento da Federación Galega de Espeleoloxía. Vamos a contar con varios espeleólogos que van a facer un estudio das furnas mariñas que temos na zona do Perdouro. Entendemos que é una boa oportunidade para seguir coñecendo todo este legado e esta zona xeolóxica que tan bos resultados nos está dando en canto a visitas e turistas durante todo o ano”.
O edil burelés contou que “o que nos vai facilitar este encontro é estudar un pouquiño todas estas furnas que temos sen estudar. Van entrar nelas e vamos ver o que nos podemos encontrar alí e de qué maneira nun futuro...
leer más




