O 31 de xaneiro haberá en San Miguel de Reinante unha charla sobre as furnas do concello de Barreiros

O día 31 de xaneiro, sábado, ás 18:00 horas os Colexios Vellos de San Miguel de Reinante acollerán unha charla coloquio titulada Furnas do concello de Barreiros. Toponimia e curiosidades xeolóxicas da costa.

Está organizada polo Seminario de Estudos Os Espigueiros, de San Miguel de Reinante, e participarán os espeleólogos Xurxo Lorenzo e Javi Fouz.