
O Concello de Barreiros anuncia: “para este domingo, 20 de xullo, ás 19:00 horas tedes unha cita no Teleclub da Rilleira con Ángeles Goás, unha fantástica contadora de historias que chega desde Abadín. Contos da Torre, do Foco e de Romariz, así titula Ángeles Goás este espectáculo que trae contos de Provecende, de Quende, de Villarente... Contos de mulleres e de homes, de sabios e de parvos, de risa e de pranto... Contos que me contaron e que levo comigo sempre”.
Esta actividade está incluída no programa A Voltas cos Contos, que está enmarcado no circuíto Cultura no Camiño, da Xunta de Galicia, e no Plan Único da Deputación Provincial de Lugo.