Os días 24 e 25 de xullo celebraranse as festas de Santiago en Bravos (Ourol)

A parroquia de Bravos, no concello de Ourol, celebrará as festas na honra a Santiago Apostol os días 24 e 25 de xullo, xoves e venres.

As actividades comezarán o xoves ás 21:00 horas cunha churrascada e de seguido haberá verbena co dúo Dilema e Jorge Menéndez.

O venres 25 ás 13:00 horas celebrarase misa solemne e procesión;  a continuación haberá sesión vermú prolongada co grupo Superstar e xantar popular (para participar hai que reservar e o prazo remata o 20 de xullo).

Estas festas están organizadas pola Asociación de Veciños Vilar Ponte, de Bravos.