
Este domingo, día 10 de agosto, terá lugar a andaina Viveiro en marcha contra o cancro. O percorrido será desde Os Castelos, no Paseo Marítimo de Covas, ata Celeiro, unha distancia de 5 quilómetros. A saída levarase a cabo ás 11:00 horas.
Está organizada pola Asociación Española Contra o Cancro, que anuncia que o prezo da inscrición con camiseta é de 10 euros. “Se queres colaborar e non podes participar podes sumar cunha doazón, ca achega que ti elixas. A qué esperas? Inscríbete! Online en https://enmarcha.contraelcancer.es/.../viveiro-en-marcha... Presencialmente do 4 ao 8 de agosto de 11:00 a 13:00horas: en Covas, Taller de costura Loli Polo (Calle Suasbarras, 6); en Cantarrana, Mercería Silvia (Avenida Cantarrana, 21); en Viveiro, Salón Multiusos do Concello de Viveiro (no edificio do Concello); e en Celeiro, Gasolinera Repsol Área de servizo (Calle Lavandeiras s/n). O mesmo día do evento, 10 de agosto, inscríbete a partir das 10:00h no punto de saída: Os Castelos (Paseo marítimo de Covas)”, explica a organización.