
O Pereiro (Alfoz) prepárase para tres días de festa e tradición coa celebración das súas festas na honra de Santa María, que se desenvolverán os días 22, 23 e 24 de agosto.
O venres 22, pola noite, actuará o Dúo Belinda e celebrarase a tradicional cea popular con churrasco, chourizo, empanada, viño, gaseosa, sobremesa, auga e café. Os prezos son de 10 euros para nenos/as (de 4 a 10 anos) e de 20 euros para os adultos. A cea será ás 21:30 horas e é necesario anotarse antes do 19 de agosto nos teléfonos 652 079 890 (Fátima) e 699 024 637 (Miguel).
O sábado 23 haberá misa e procesión ás 13:30 horas, seguida de sesión vermú. Pola noite, a verbena contará coa música do Grupo Lume e a actuación especial da solista Claudia.
O domingo 24 a festa rematará cunha misa ás 13:30 horas, vermú longo e a actuación de Tania y su acordeón.
Todos os actos levaranse a cabo nun campo cuberto con carpa.
As festas de O Pereiro contan ca colaboración do Concello de Alfoz, a Deputación de Lugo, a Xunta de Galicia e Promociones Artísticas Vázquez.