O Festival de Narración Oral “De Cobo a Xunco” trae a Paula Carballeira a Lieiro (Cervo) este venres, 12 de setembro

O Festival de Narración Oral De Cobo a Xunco continúa na noitiña do venres, día 12 de setembro, cunha sesión para público adulto. Será no Local Social de Lieiro ás 20:00 horas da man de Paula Carballeira.

O Concello de Cervo anuncia que será “unha noite chea de historias e humor para desfrutar. Con entrada libre ata completar aforo”.

Para esta actividade o Concello de Cervo conta coa colaboración de Tarabela Creativa e a asociación de veciños Nosa Señora de Lieiro.