Aberto o prazo para inscribirse no XIV Encontro de Palilleiras Concello de Xove, que se celebrará o 4 de outubro

O departamento de Muller e Igualdade do Concello de Xove anuncia que xa está aberto o prazo, ata o 30 de setembro, para inscribirse no XIV Encontro de Palilleiras Coas nosas mans, que se celebrará o día 4 de outubro, sábado.

“Desde que se abriu o prazo o 1 de setembro xa se anotaron case un centenar de palilleiras de distintas provincias galegas e máis de vinte postos de venda de produtos e de artesanía de Galicia e Asturias. Ata o 30 de setembro poderán seguir inscribíndose; os vendedores e vendedoras só poderán facelo cubrindo a solicitude para postos de venda que encontrarán na web www.xove.es, e enviándoa  ó correo electrónico encontropalilleiras@xove.es. As palilleiras, ademais de poder inscribirse no correo electrónico mencionado enchendo a solicitude que atoparán na web do Concello, poderán facelo tamén chamando ó teléfono do Concello (982.592.001) ata o 30 de setembro”, explica o Concello de Xove.