A narradora Soledad Felloza actuará este venres, 19 de setembro, en Sargadelos (Cervo)

O Festival de Narración Oral De Cobo a Xunco continúa na noite deste venres, día 19 de setembro, coa sesión para público adulto a cargo de Soledad Felloza. Será na sala de exposicións das Carboeiras, en Sargadelos (Cervo) ás 22:00 horas.

“Unha noite chea de historias e humor para desfrutar. Con entrada libre ata completar aforo”, anuncia o Concello de Cervo, que para esta actividade conta aoa colaboración de Tarabela Creativa e da Asociación de Veciños de San Román de Vilaestrofe.