O Sindicato Labrego Galego organiza en Ribadeo unha xornada sobre prevención de riscos laborais e perspectiva de xénero o 25 de setembro

O día 25 de setembro, xoves, o Sindicato Labrego Galego organiza unha xornada gratuíta en Ribadeo sobre prevención de riscos laborais e perspectiva de xénero. Será na Aula CeMIT, rúa Antonio Otero 15, 2º (Casa da Xuventude) de 9 a 14 horas.

“Cómpre darlle á prevención a relevancia que ten. É urxente formarse nestes ámbitos. Non o dubides e inscríbete xa nos contactos: teléfono 664.581.949 ou correo electrónico formacion@sindicatolabrego.gal.”

Esta actividade organizada polo Sindicato Labrego Galego conta co financiamento da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración, da Xunta de Galicia.