Abertas as inscricións para os novos cursos gratuítos de dixitalización que se impartirán de outubro a decembro en parroquias de Ribadeo

Están abertas as inscricións para asistir aos novos cursos gratuítos sobre certificados dixitais, ch@ve 365, Sergas, facenda e teléfonos móbiles, que se impartirán en outubro, novembro e decembro en Rinlo, Vilaselán e Cedofeita.

Curso Google e as súas aplicacións. Google Maps, Google Gmail, Calendario, Drive, Fotos... Será impartido na Escola de Rinlo os días 20, 21, 22, 23, 27, 28, 29, 30 de outubro, 3, 4, 5, 6, 10, 11, 12, 13, 17, 18, 19, 20, 24, 25, 26 e 27 de novembro e 1 de decembro. Será en horario de 17 a 19 horas. A data límite de inscrición para este curso será o 5 de outubro.

Curso: O teléfono móbil, primeiros pasos. Terá lugar na Escola de Vilaselán os días 20, 24, 25, 26 y 27 de novembro e 1, 2, 3, 4 e 9 de decembro tamén en horario de 17 a 19 horas. O prazo de inscrición remata o 5 de novembro.

Curso Sinatura dixital / Ch@ve 365 / Certificados varios. Aplicacións de Sergas, Facenda. Actuar ante as administracións públicas, sede electrónica. Será impartido na Escola de Cedofeita os días 1, 2, 3, 4, 9, 10, 11, 15, 16 e 17 de decembro en horario de 17 a 19 horas. A data límite de inscrición será o 17 de novembro.

As persoas interesadas en asistir a estas formacións poden reservar as prazas chamando aos seguintes números de teléfono: 982.260.075, 679. 549.522 e 646.857.614, por correo electrónico en eparadixitalizarse@deputacionlugo.org ou a través da web: https://yparadigitalizarselugo.com

Na páxina web do Concello de Ribadeo pódese descargar toda a información e os formularios.