San Paulo
A localidade de Sampaio, no municipio de A Pontenova, celebrará as súas festas de San Paulo os días 23 e 24 de xaneiro, venres e sábado.
As actividades comezarán o venres a partir das 21:00 horas con churrascada amenizada por DJ Bombardero, na antiga escola de Sampaio.
E o sábado haberá misa ás 12:30 horas e despois terá lugar a sesión vermú, amenizada pola cantante Verónica Cambón.
O lugar de Sampaio, na parroquia pontenovesa de Vilaboa, celebrará as festas de San Paulo os días 3 e 4 de febreiro, sábado e domingo.
O sábado haberá misa ás 13:30 horas e a continuación sesión vermú amenizada por DJ Bombardero, que tamén actuará na verbena, a partir das 22:00 horas, xunto coa cantante Verónica Cambón.
E para o domingo está programada sesión vermú amenizada por Verónica Cambón a partir das 13:30 horas.
O campo da festa estará cuberto cunha carpa calefactada.
Este festexo está organizado pola Asociación de Veciños de Sampaio.




