Trécola Producións representa a obra “Tolitates” en San Ciprián (Cervo) este venres, 3 de outubro

O Concello de Cervo anuncia que este venres, día 3 de outubro “temos representación teatral para toda a familia”. Será ás 19:00 horas na Casa da Cultura de San Ciprián.

A compañía Trécola Producións “achéganos a súa divertidísima obra Tolitates, un espectáculo cheo de humor, creatividade e fantasía que fará gozar a pequenos e maiores”, explica o Concello de Cervo.

A entrada é libre ata completar a capacidade.