
A asociación cultural O Picato, de Trabada, organiza unha excursión ás Rías Baixas para o día 10 de outubro, venres. O prazo para anotarse remata o 7 de outubro.
“Sairemos ás 7 da mañá da Praza do Concello de Trabada en dirección Combarro, facendo un alto polo camiño para almorzar. Logo aproveitaremos a maña para coñecer un pouco este lugar ata a hora da comida. Despois da comida no catamarán visitaremos O Grove e A Toxa”, anuncia a asociación cultural O Picato.