Trabada acolle unha exhibición de pump track este sábado, 11 de outubro

O Complexo Deportivo de Trabada acollerá unha exhibición de pump track este sábado, día 11 de outubro desde as 11:30 horas.

Haberá exhibición e nocións técnicas a cargo de Kevin Broda (piloto oficial Haibike) e Iván García (campión galego de Pump Track).

“Ven coa túa bicicleta e aprende a desfrutar do pump track!”, anuncian os organizadores.

Esta actividade é gratuíta e para os participantes o casco é obrigatorio.