Viveiro celebra o Samaín con actividades os días 31 de outubro e 1 de novembro

O municipio de Viveiro celebrará o Samaín con actividades que se desenvolverán esta fin de semana, concretamente o venres 31 de outubro e o sábado 1 de novembro.

O Concello de Viveiro anuncia: “temos dúas propostas cheas de maxia, medo e diversión para toda a familia: o venres 31 de outubro, tarde de Samaín na Praza Maior de 19:00 a 21:00 horas, con fotomatón, música polas rúas e reparto de caramelos nas tendas asociadas ao Centro Comercial Casco Histórico de Viveiro. Ademais ás 18:00 horas na Biblioteca Municipal, o contacontos A Corva, con Cristina Collazo, para pasalo de medo! E o sábado 1 de novembro, I Festa de Samaín en Lodeiro, con entrada de balde; haberá sesión infantil dende as 17:30 horas, chocolate con churros, concursos de cabazas e disfraces, música con DJ e entrega de premios; e sesión adulta dende as 00:00 horas, con conxuro e queimada con mago, concurso de disfraces, entrega de premios e sorteo de cesta. Todo o recadado será doado para a I Festa do Lodeiro 2026 (12 e 13 de setembro de 2026)”.