O 2 de novembro terá lugar unha visita guiada a San Cibrao para descubrir este enclave dun xeito diferente

O vindeiro domingo, 2 de novembro, veciños e visitantes terán a oportunidade de descubrir San Cibrao dun xeito diferente grazas a un paseo circular guiado polo corazón da vila. 

A actividade, organizada pola guía Ana Pena (Guía tu día) pretende dar a coñecer o patrimonio e a historia local. Comezará ás 10:30 e durante o percorrido, as persoas participantes poderán explorar o paseo litoral, as rúas e os miradoiros, mentres coñecen as historias e curiosidades que agochan.

O itinerario inclúe tamén unha visita ao Museo do Mar, un espazo emblemático que recolle a memoria mariñeira e o forte vencello da vila co cantábrico.

O prezo da actividade é de 10 euros por persoa, e as prazas son limitadas. As persoas interesadas poden solicitar máis información ou formalizar a súa reserva no teléfono 654 99 68 57.