
O concello de Viveiro acollerá este domingo, día 23 de novembro, unha charla sobre altas capacidades. Organizada pola asociación Asfanemor, desenvolverase entre as 10.30 e as 12.00 horas na Casa do Forno, de Celeiro. A iniciativa está dirixida á veciñanza, ás familias, ás ANPAs e a todas as persoas interesadas en coñecer máis sobre este tema.
O Concello de Viveiro anuncia que “durante a sesión, varias familias da asociación compartirán a súa experiencia. Explicarán vivencias reais e falarán de ferramentas útiles tanto para o fogar como para o ámbito educativo. Ademais, abordarán a importancia dunha detección temperá das altas capacidades. A actividade é de carácter gratuíto e a asistencia está aberta ata completar o aforo. Ao remate da charla Asfanemor realizará a inauguración oficial da asociación, que incluirá unha comida dirixida aos socios”.
Para máis información ou inscricións as persoas interesadas poden chamar ao teléfono 646.51.46.01 ou enviar un correo electrónico a asfanemorredes@gmail.com.


