O Colectivo Pensamento e Sementeira organiza en Viveiro unha tarde para xogar en familia este sábado, 13 de decembro

O Colectivo Pensamento e Sementeira organiza en Viveiro unha tarde para xogar en familia. Será este sábado, día 13 de decembro, a partir das 17:30 horas na Sala de Usos Múltiples do Concello de Viveiro. É unha actividade totalmente de balde.

“O inverno é unha época de recollemento e de aproveitar os momentos en familia. Por iso vos traemos o seguinte plan: convidámosvos a compartir unha tarde especial para todas as idades; un espazo no que pequenos e maiores poidades conectar entre vós, divertirvos e, sobre todo, gozar xuntos. Ven pasar unha tarde diferente e acolledora, ideal para combater o frío e crear lembranzas en familia”, anuncia Pensamento e Sementeira.