O Concello de Burela celebra o Día Internacional do Migrante este xoves, 18 de decembro, coa proxección da película 'Fátima' e un coloquio

Este xoves, día 18 de decembro, o Concello de Burela celebra o Día Internacional do Migrante coa proxección da película Fátima e un coloquio posterior na Aula Multiusos da Casa da Cultura. Será de 19:00 a 21:00 horas.

O Concello de Burela anuncia que esta actividade será “un encontro pensado como espazo de diálogo e reflexión, dirixido a tódalas comunidades que convivimos na vila para compartir experiencias, miradas e realidades diversas”.