Burela acolle este sábado, 10 de xaneiro, unha xornada organizada por Cáritas na que haberá cinema e chocolatada

O Concello de Burela anuncia que este sábado, día 10 de xaneiro, Cáritas Burela-Cervo-Cordido e Cáritas Mondoñedo-Ferrol organizan unha xornada “para despedir o Nadal por todo o alto en Burela. Un programa perfecto para gozar dunha tarde en boa compañía”. Ás 16:30 horas proxectarase unha película de Nadal no auditorio da Casa da Cultura e ás 18:00 horas haberá chocolatada na Praza de Abastos.

Para participar neste evento hai que inscribirse a través do teléfono 652.150.154.