
Malasombra Produccións representará en Ribadeo a obra teatral para público adulto titulada De algo hai que morrer. Será este domingo, día 8 de febreiro, ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Hernán Naval.
É unha obra de José Prieto, dirixida por Marcos Orsi e interpretada polos actores Xoque Carbajal e Jouse García.
O Concello de Ribadeo anuncia que “hai historias que fan rir, hai historias que incomodan e logo está De algo hai que morrer. Se che gusta o humor negro, os personaxes ao límite e as verdades ditas con sorriso … esta é a túa”.


