O Centro Comercial Histórico de Viveiro pon en marcha a campaña de remate das rebaixas de inverno e a Ruta da Croqueta

O Centro Comercial Histórico (CCH) de Viveiro anuncia que dende este xoves, día 26, ata o sábado 28 de febreiro “serán preto de 30 negocios participantes os que liquidarán todo o stock de temporada cuns descontos incribles, chegando ata o 70% en varios casos. Trátase de converter o final de tempada de rebaixas nunha festa conxunta: haberá súper descontos, música, premios, bo ambiente e gastronomía. Coincidindo con esta campaña, 8 locais de hostalaría levarán a cabo a Ruta da Croqueta. A fin de semana será unha festa de compras con fantásticos descontos en miles de artigos e ó mesmo tempo desfrutar dunha delicia da gastronomía como son as croquetas”.

O CCH Viveiro engade que “para facelo máis chamativo, e se o tempo acompaña,  unha parte dos negocios participantes sacarán os artigos á rúa, colocándoos diante das fachadas dos seus negocios para que a xente poida ollar directamente os produtos e os fantásticos descontos que teñen.  A gran variedade de tendas que se suman a esta campaña fan que sexa todo un reclamo para os clientes que poden atopar verdadeiras gangas en artigos de calidade e primeiras marcas. Participan locais de moda, calzado, complementos, infantil, deportes, lencería e mercería, xoias, mobles e decoración, salóns de peiteado e ópticas. Teremos a oportunidade de mercar artigos de primeiras marcas pero con súper descontos, que planazo!  Pero ademais con tódalas compras realizadas nestes días nos negocios participantes sortearemos 300 euros en vales de compra. Serán 6 premios de 50 euros só por subir os tíckets da compras á App ViveiroCCH, así de sinxelo. Animamos ós clientes a que se acheguen ata o Centro Histórico de Viveiro esta fin de semana, paseen polas nosas rúas, desfruten da amplía variedade comercial mercando con fantásticos descontos e de paso desfrutar da hostalaría da vila e da nosa gastronomía. E para facelo máis apetitoso teremos a Ruta da Croqueta os días 27 e 28 en 8 locais participantes: Bar A Zapatería, Mesón O Recuncho, Casa Pepi, Cornelius Taberna, Atlántico Gastrobar, Mesón A Ría, Muro Restaurante e La Tortilla Maravilla. Serán tapas a 3,5 euros e no caso do Muro Restaurante e La Tortilla Maravilla tamén servirán racións. E teremos máis premios: sortearemos 300 euros para aqueles que proben tódalas tapas, e no caso de que sexan menos o premio será de 150  euros. Nos locais participantes haberá unhas tarxetas, chamadas CroquePass, que se irán selando nos distintos locais, e unha vez completas pódense depositar en calquera das urnas habilitadas. No caso de que non estean completas tamén entran no sorteo, pero neste caso o premio será de 150 euros, probando un mínimo de 4 tapas”.

Pódese consultar toda a información e as bases na web www.viveirocentro.com ou na App ViveiroCCH.