O gran mestre Liming Yue impartirá un curso de tai chi en Ribadeo os días 27 e 28 de xuño

O gran mestre Liming Yue impartirá un curso de tai chi en Ribadeo os días 27 e 28 de xuño. Está organizado por Chen Style Tai Chi Center, de Gijón, coa colaboración do Concello ribadense.

Liming Yue comezou a estudar artes marciais en China aos 11 anos. Despois de aprender dos mestres de tai chi máis hábiles e experimentados de China e estudar extensamente Qigong Interno con mestres do mosteiro da montaña Nanyue e do parque forestal de Zhangjiajie, o gran mestre Yue trasladouse da China continental ao Reino Unido, onde fundou o Centro de Tai Chi Estilo Chen en 1995. Agora dedica o seu tempo a impartir seminarios e a formar instrutores por toda Europa, ademais de producir libros, dvds e vídeos instrutivos. Tamén ensina técnicas de tai chi na Facultade de Medicina da Universidade de Leeds e é profesor a tempo parcial na Universidade de Salford.  O gran mestre Liming Yue é embaixador mundial da promoción do tai chi pola organización de Chenjiagou e as autoridades do goberno local en China en 2009, debido á súa grande contribución e logros no tai chi do estilo Chen. Pertence á décimo segunda xeración de Mestres Chen.

O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, anima “aos amantes do tai chi a anotarse e participar nesta cita os día 27 e 28 de xuño. Por segundo ano consecutivo contaremos cunha primeira figura desta práctica. Merece a pena aproveitar a ocasión. Haberá días extra o 29 e 30 de xuño e o 1 de xullo”.

A inscrición acaba de abrirse. “Para aquelas persoas que non precisen aloxamento en Ribadeo estará aberta ata a data de celebración do evento”, explican desde a organización.

As persoas interesadas en obter máis información poden dirixirse ao número de teléfono 636.39.93.95 ou á seguinte dirección de correo electrónico: ga_bigijon@hotmail.com. O curso de Tai Chi terá lugar no pavillón da rúa Alfredo Deaño.