
O Grupo de Cámara do Conservatorio de Música de Viveiro actuará na igrexa das MM Concepcionistas, da cidade do Landro, este xoves, día 12 de marzo, ás 20:30 horas.
O Concello de Viveiro destaca que “o talento local protagoniza unha nova cita dentro do programa ADRAL 2026. Este xoves, 12 de marzo, o Grupo de Cámara do Conservatorio de Música de Viveiro ofrécenos un concerto nun marco incomparable”.


