O grupo teatral Pico do Castro, de Foz, representa “Cousas de vellos” este sábado, 4 de abril, en Trabada

Este sábado, día 4 de abril, a partir das 21:00 horas na Casa de Cultura de Trabada o grupo de teatro Pico do Castro, de Foz, representará a obra titulada Cousas de vellos.

“Un espectáculo que forma parte dos ciclos teatrais que o Concello organiza para achegar cultura e diversión á nosa veciñanza. Non perdas esta oportunidade de desfrutar dunha noite de risas e emocións en Trabada!”, anuncia o Concello de Trabada.