O IX Baile da Travesía celébrase este sábado, 11 de abril, no Círculo Habanero da Devesa (Ribadeo)

O Círculo Habanero da Devesa acollerá o IX Baile da Travesía este sábado, día 11 de abril, a partir das 20:30 horas.  

Neste evento actuarán os grupos Alimanhas da Arca da Noe (Vilar de Santos, Ourense), Clandestías (Occidente asturiano); Tresmoças (Portugal) e Erikas e Peluxias (A Mariña)

Está organizado pola Asociación Cultural A Tribo da Travesía, que anuncia: “estamos argallando un baile que vai ser un encontro marabilloso. Temos cantareiras dunha beira e doutra do Eo e dunha beira e doutra do Miño. Auga que nos une e calma a sede. Vide disfrutalo con nós!”.