
Este venres, día 17 de abril, o Concello de Cervo organiza un novo Guateque de Arruguiñas no Local Social da Senra desde as 20:00 horas. Actuará o dúo Caramelo.
“Unha noite para bailar, lembrar e gozar en boa compañía”, destaca o Concello de Cervo, que organiza esta actividade en colaboración coa Asociación Cultural e Recreativa O Raxal.


