Xudán (A Pontenova) celebra a festa “Hijas de María” o sábado 9 de maio

A parroquia de Xudán, no municipio de A Pontenova, celebrará a festa Hijas de María o día 9 de maio, sábado.

As actividades comezarán cunha misa solemne ás 13:30 horas e despois haberá procesión, sesión vermú e comida. Os tickets para participar están á venda ata o martes 5.

Ademais actuará a cantante Verónica Cambón e haberá xogos e exhibición de zumba.