En Lieiro (Cervo) haberá Guateque de Arruguiñas este sábado, 9 de maio

Este sábado, día 9 de maio, ás 21:00 horas haberá Guateque de Arruguiñas no Local Social de Lieiro. Estará amenizado polo dúo Mar da Vila.

“Unha noite para bailar, lembrar e gozar en boa compañía”, anuncia o Concello de Cervo, que organiza esta actividade en colaboración coa Asociación de Veciños Nosa Señora de Lieiro.