Entregados os premios da campaña do Día da Nai de Acisa Ribadeo

As instalacións de Acisa Ribadeo acolleron esta tarde a entrega dos premios da campaña do Día da Nai. 

As persoas afortunadas foron: Sergio Fernández González, de Figueras, por unha compra en Atleet, que o levará a visitar Bodegas Docampo en Ribadavia e a gozar da estancia dunha noite no seu hotel Pazo Carballo; ao igual que Gloria Fernández, de A Fonsagrada, por unha compra en Ginzo, que tamén viaxará a Ribadavia; e Loli García, de Luarca, levou unha colección de Mon Castro para Terra Branca, por unha compra realizada en Misstic. 

Na entrega de agasallos participaron a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, asÍ  como José Ramón Leal, propietario da galería ribadense Terra Branca. 

Desde Acisa agradecen “a Bodegas Docampo, de Ribadavia, e a Terra Branca, de Ribadeo, a súa colaboración e os premios doados para a campaña do Día da Nai deste 2026”.  

E animan a participar á veciñanza e clientela de toda a contorna “na nova campaña, que arrinca hoxe, a do Pasaporte de Acisa, que levará a unha parella a Lanzarote e repartirá 1.000 premios directos na Ruleta da Sorte o vindeiro 14 de xuño”.