
A Romaxe das Cruces en A Ponte de Arante, no municipio de Ribadeo, celebrarase esta fin de semana, o sábado 23 e o domingo 24 de maio. Anúnciao o Concello ribadense: “esta fin de semana volve unha das celebracións máis singulares e espectaculares de Ribadeo, a Romaxe das Cruces de A Ponte (Arante), Festa de Interese Turístico Galego”.
As actividades comezarán o sábado ás 19:00 horas coa inauguración da exposición titulada Un segredo por descubrir. Ás 20:00 horas serán o pregón a cargo de Carmen Rodríguez Cancelo (directora da Coral Polifónica de Ribadeo) e a continuación haberá un concerto de As Zanfoneiras de Narón.
O domingo a partir das 12:00 horas será a Bendición dos Campos, procesión, Bandeo do Pendón e Reverencia das Cruces. Ás 14 horas comezará a sesión vermú coa orquestra Dinastía e ás 15:00 horas, a VI Comida Romaxe das Cruces. Ás 18:00 horas terá lugar a representación da Batalla da Francesada da man de Queiman e Pousa, coa colaboración da Aula de Teatro de Ribadeo e Luis Iglesia Besteiro. E despois haberá música ata o remate con Roi Casal (20:00 horas) e a orquestra Dinastía.


