
A segunda edición da andaina Ribadeo en Marcha Contra o Cancro celébrase o sábado, 13 de xuño, ás 11:00h con saída dende o Parque de San Francisco, na vila ribadense. Esta actividade lúdico deportiva, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo, estará aberta a todas as idades. O obxectivo é concienciar sobre a importancia dun estilo de vida saudable para a prevención do cancro, baseado nunha alimentación adecuada e na actividade física.
As inscricións para participar na andaina pódense facer de forma online, a través de esta url https://enmarcha.contraelcancer.es/es/evento/ribadeo-en-marcha-contra-o-cancro-2026 e de forma presencial do luns 8 de xuño ao venres 12 de xuño de 12:00 a 14:00h na rúa Viejo Pancho Nº2, 27700 Ribadeo. Tamén o mesmo día do evento, 13 de xuño, a partir das 10:00 horas na Oficina de Turismo vella: C/Rinconada de San Francisco.
Dende a Asociación Española Contra o Cancro agradecen o patrocinio de Solán de Cabras e Acisa Ribadeo; e a colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski Center e o Cluster Galego do Deporte.
Para a xente que se inscribiu de forma online poderán recoller a súa camiseta o propio día da andaina na Oficina de Turismo vella: Rúa Rinconada de San Francisco a partir das 10:00 horas.
A Asociación Española Contra o Cancro en Lugo tamén anuncia que “ao finalizar a andaina haberá un tentempé para os asistentes. Se non podes participar podes colaborar cun donativo, como inscrición solidaria, para a Asociación Española Contra o Cancro en Lugo. Todo o que se recade destinarase a seguir mellorando a vida das persoas con cancro e as súas familias, e a impulsar a investigación oncolóxica, para conseguir un 70% de supervivencia no ano 2030”.


