
A Pontenova celebrará a fogueira de San Xoán con concurso de tortillas o día 23 de xuño, martes, no Forno do Boulloso.
Este evento está organizado polo Concello da Pontenova e o Centro de Iniciativas Turísticas (CIT), que anuncian: “volve a tradicional fogueira de San Xoán, unha cita para desfrutar en familia, cos amigos e coa veciñanza. Ás 20:30 horas haberá concurso de tortillas. Anímate a participar! Entre todas as tortillas presentadas un xurado popular escollerá as tres mellores”. Os premios son: unha cea para dúas persoas no Lar de Balbina, unha cea para dúas persoas na Sidrería A Mina e unha comida para dúas persoas no Restaurante San Briz.
Ás 21:00 horas comezará unha degustación popular das tortillas presentadas ao concurso; e tamén chourizos á grella, torrezos e pan. Ademais haberá servizo de bar e música, coa actuación da Asociación Musical A Chocolateira e a animación de Bombardero DJ.


