O Concello de Ourol organiza o 8 de xullo un obradoiro para aprender a reutilizar a roupa

O Concello de Ourol organiza un obradoiro para aprender a reutilizar a roupa. Será o día 8 de xullo, mércores, ás 10:30 horas na Biblioteca Municipal.

É unha actividade destinada a persoas adultas e para participar hai que inscribirse; o prazo remata o 6 de xullo.

Para máis información as persoas interesada poden contactar cos teléfonos 982.55.90.19 ou 608.69.40.51 (whatsapp)

A organización explica que é un “obradoiro práctico de reutilización creativa téxtil no que aprenderemos a darlle unha nova vida a prendas vellas”.