
As XXIV Xornadas de Historia Local organizadas en Ribadeo pola Agrupación Cultural Francisco Lanza serán os días 29 e 30 de xullo, mércores e xoves, e estarán dedicadas a Hernán Naval co título Música, pobo e compromiso.
A Agrupación Cultural Francisco Lanza anuncia as XXIV Xornadas de Historia Local, “dedicadas á figura de Hernán Naval e o seu legado como docente da música e como activista social e cultural. Todas as sesións vanse desenvolver na Escola de Música, o mércores 29 e o xoves 30 de xullo, a partir das 20:30 horas”.
O mércores 29 de xullo ás 20:30 horas no Claustro da Escola de Música haberá unha semblanza da figura de Hernán Naval feita por Rubén Solloso e titulada A música, piar da sociedade. E tamén terá lugar un concerto de cámara a cargo do grupo Naval Ensemble, formado por Nicolás Gómez Naval, Paula Naval Parapar, Mateo Gómez Naval, Zeltia Pardo Naval, Xiana Naval Chaves e Plácido Travieso Fernández.
E o xoves 30 de xullo ás 20:30 horas no salón de actos da Escola de Música celebrarase unha mesa redonda en torno ao legado de Hernán Naval “como profesor de música, pero tamén como persoa, sempre un amigo ao teu carón”. Participarán María Fernández Ramil, Patricia Díaz López, Daniel Rodríguez Saavedra e Miguel Ángel Fernández (Cherry).


