defensa persoal

30/08/2025

Burela acollerá un taller de defensa persoal para mulleres o día 10 de setembro, mércores.

O Concello de Burela explica que é “un obradoiro pensado para mulleres maiores de 16 anos (as menores con autorización), baseado no Método MAS, unha metodoloxía específica de defensa persoal feminina que combina corpo e mente para detectar sinais de perigo, previr situacións de risco e responder con seguridade e confianza”.

Haberá dous grupos, un deles desenvolverá a actividade de 10:00 a 14:00 horas e outro será  de 16:00 a 20:00 horas. Será na Aula de Familia, da Casa da Cultura de Burela.

As inscricións poderán facerse dende o 1 de setembro presenciais no CIM de Burela, que está na Casa do Concello, ou a través do teléfono 982.58.06.09 ou do correo electrónico cim@...

leer más
10/06/2025

Mondoñedo acollerá este domingo, día 15 de xuño, un curso intensivo de defensa persoal para rapazas e mulleres maiores de 16 anos con autorización. Será de 10 a 14 e de 16 a 19 horas na Ludoteca Municipal.

Podes inscribirte acudindo ás oficinas do CIM e de Servizos Sociais de Mondoñedo (teléfono 982.52.40.03) ou no enlace...

leer más
24/04/2025

O Concello de Ourol, no marco do Acordo de colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade coa Federación Galega de Municipios e Provincias, organiza un curso de defensa persoal feminina, dirixido a mulleres e mozas. Levarase a cabo este sábado, día 26 de abril, ás 10:00 horas no Centro Social de Merille.

O Concello de Ourol explica que “a este curso poden asistir todas as mulleres maiores de 18 anos independentemente da súa condición física. Trataranse contidos tanto teóricos como prácticos que axuden non só a defenderse senón a identificar sinais de perigo e actuar de xeito preventivo para lograr anticiparse e evitar unha situación de risco. O curso impartirase por monitores e monitoras especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita. Para anotarte podes chamar ó Departamento de Servizos Sociais (...

leer más