
Tras a boa acollida das edicións anteriores, o Concello de Burela organiza unha nova edición de “Xogo e Xente”. Durante os meses de veráncelebrarase a terceira edición do torneo social de parchís por parellas e a segunda edición dos torneos de tute eoca, tres citas que teñen comoobxectivo fomentar a convivencia, a participacióncidadá e o encontrointerxeracional a través dos xogostradicionais.
A programación desenvolverasena Praza da Mariña,a partir das 20:30 horas. O torneo de parchís disputarase os días 20 e 21 de xullo, o de tute os días 3 e 4 de agosto, e o da oca os días 10 e 11 de agosto.
As inscriciónspoderán realizarse na Casa do Concello ou a través do correo electrónico cultura@burela.org, mentres que as bases completas están dispoñiblesnapáxina web municipal.
A concelleira de Cultura, Lina Gómez, explica que “con ‘Xogo e Xente’ queremos recuperar os xogos de sempre como un espazo de encontro e convivencia. É unhaproposta pensada para que persoas de todas asidades compartan tempo, se coñezan e desfruten xuntas das noites de verán en Burela.”
Pola súa banda, a concelleira de ServizosSociais, Sandra Fernández, destaca que “este programa demostra que o lecertamén pode ser unhaferramenta para crear comunidade. A través destes torneos fomentamos a participación, as relacións entre xeracións e un envellecemento activo, facendo da Praza da Mariña un punto de encontro para toda a veciñanza.”
Dende o Concello animanácidadanía a participar nesta iniciativa, que edición tras edición continúa gañando participación e consolidándose como unhaproposta de lecersaudable que promove a convivencia, a recuperación dos xogostradicionais e a dinamización social durante o verán.


