A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza o Día do Socio, con ruta e comida, para o sábado 1 de agosto

A Asociación de Sendeirismo Terras de Lourenzá organiza o Día do Socio, xornada que inclúe ruta e comida, para o día 1 de agosto, sábado.

“Un ano máis agosto é o mes escollido para o noso Día do Socio, unha xornada onde compartimos camiñada e xantar de confraternidade. Nesta ocasión a ruta escollida comeza no veciño concello de Trabada (concretamente na Capela do San Marcos), baixando ata o Pazo de Tovar (polo Camiño Real e o Camiño de Santiago), para rematar no recinto feiral de Lourenzá, onde teremos o xantar de confraternidade, e unha tarde de festa”, anuncia Terras de Lourenzá.

A saída para facer a ruta -de 13 quilómetros e con dificultade baixa- será ás 09:00 horas desde o recinto feiral de Vilanova de Lourenzá e as inscricións deben facerse antes das 14:00 horas do mércores 29 de xullo. O prezo é de 15 euros para os socios do colectivo organizador e de 25 euros para os que non o son.