A andaina “Viveiro en marcha contra o cancro” celebrarase este domingo, 2 de agosto

Este domingo, día 2 de agosto, desde as 11:00 horas celebrarase a andaina Viveiro en marcha contra o cancro, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo.

O percorrido será desde Os Castelos, polo paseo marítimo de Covas ata Celeiro, que é unha distancia de 5 quilómetros.

O prezo da inscrición con camiseta é de 10 euros, pero “se queres colaborar e non podes participar podes sumar cunha doazón, ca achega que ti elixas”, explica a organización.