Festa da Árbore

23/03/2026

Mondoñedo celebrará a Festa da Árbore este sábado, día 28 de marzo. Este evento, que se leva a cabo na cidade mindoniense, terá lugar nesta ocasión no CEIP Álvaro Cunqueiro.

A Festa da Árbore en Mondoñedo está organizada pola asociación cultural O Pasatempo. As actividades comezarán ás 11:00 horas coa carreira Día da Árbore, promovida pola Delegación de Deportes do Concello de Mondoñedo). Ás 12:00 horas haberá xogos recreativos, ás 13:00 horas levarase a cabo unha plantación de arbores e un recital de poemas con acompañamento musical e ás 13:15 horas entregaranse os premios do XIV Concurso da Árbore e os debuxos participantes neste certame estarán expostos durante a festa.