O Seminario de Estudos do Valadouro presenta este sábado, 8 de agosto, en Alfoz do Castrodouro un caderno dedicado a seis pintores

A presentación  do caderno número 18 do Seminario de Estudos do Valadouro (SEVA), dedicado a seis pintores, terá lugar este sábado, día 8 de agosto, ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.

Seis pintores do Valadouro é o título da nova publicación do SEVA, un caderno no que se trata a obra de seis artistas plásticos: Carmen Ossorio, Xosé Blanco, Arturo Mogo, Hipólito Xeada, Alaxe e Mar Vicente. O prólogo correu a cargo da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con fondas raíces no Alfoz do Castrodouro que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo.

O SEVA anuncia tamén que cinco dos pintores protagonistas do caderno (Alaxe faleceu hai tres anos) estarán presentes no acto.

A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco.