A Banda de Música O Landro ofrece o concerto “Noite de estrelas” o luns 10 de agosto na Praza Maior de Viveiro

A Banda de Música O Landro, anuncia: “o luns 10 vive unha auténtica Noite de Estrelas na Praza Maior de Viveiro. Convidámosvos ao noso concerto cun cuarteto de cantantes sen igual: Margarita Gutiérrez, Mario Gómez, Idoya Esquide e Felipe Sánchez para poñer a voz a grandes temas da verbena galega. Coma condutor do espectáculo contaremos con Baruk Domínguez”.

Esta actuación da Banda de Música O Landro, dirixida por Carlos Timiraos, comezará ás 22:00 horas.