San Miguel de Reinante (Barreiros) acolle un festival de circo o luns 10 de agosto

O luns 10 agosto a Praza do Souto, de San Miguel de Reinante, “converterase nun espazo máxico para toda a familia”, anuncia o Concello de Barreiros, que, coa colaboración da Área de Mocidade da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, trae “unha gran gala de circo con pallaso, maxia, malabares, acrobacias aéreas e moito máis”.

Será ás  20:00 horas con entrada de balde ata completar aforo.