
O vindeiro 22 de agosto os Amigos del Eo celebrará o seu encontro anual no restaurante La Balastrera, de Ribadeo, onde se renderá homenaxe a Celia Castro, catedrática de Arte na Escola Ramón Falcón, de Lugo, doutora en Humanidades, escritora e historiadora.
O acto está aberto a todas aquelas persoas que queiran sumarse a este recoñecemento máis que merecido.
Amigos del Eo celebra este ano o seu 80 aniversario. Os seus membros proceden de Figueras, Castropol, Vegadeo e Ribadeo, “unidos polo vínculo común co noso querido río Eo”, explican desde a organización.
E subliñan: “este ano tócalle a Ribadeo homenaxear unha figura local que o merece, tras 30 anos outra muller -seguindo a estela de Luz Pozo Garza- ocupará o seu lugar na historia de Amigos del Eo”. O prazo para inscribirse na homenaxe remata o vindeiro luns, 17 de agosto. As persoas interesadas en asistir poden facelo chamando ou enviando un wasap ao número 680 132 424


