O libro “Espiritualidad”, coordinado por Pepe Peinó, será presentado en Ferreira do Valadouro este venres, 14 de agosto

Este venres, día 14 de agosto, ás 20:00 horas, terá lugar en Ferreira do Valadouro a presentación do libro titulado Espiritualidad.

Estará presente no acto o autor coordinador da obra, Pepe Peinó, que explica que esta publicación é “unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferentes orientacións relixiosas”

A presentación será no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro.