
A Área de Igualdade do Concello de Ribadeo, a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM), en colaboración coa Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, organiza un curso de defensa persoal feminina.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, explica que “este curso de defensa persoal feminina terá lugar o 12 de setembro no Centro Sociocomunitario de Ribadeo. Faranse dúas quendas para facilitar que todas as persoas interesadas poidan acudir. A quenda de mañá será de 10:00 a 14:00 horas e a de tarde de 16:00 a 20:00 horas. O prazo de inscrición para anotarse está aberto desde hoxe, día 20 de agosto, ata o 4 de setembro, ambos incluídos”.
E engadiu: “o Concello de Ribadeo continúa implicándose na prevención, información e formación contra a violencia de xénero. Queremos un Ribadeo seguro, respectuoso e libre”.


