Aberto o prazo para novas matrículas na escola municipal de música de Burela ata o 11 de setembro

O Concello de Burela anuncia que este martes, 1 de setembro, comezou o prazo de matrícula para novo alumnado na Escola Municipal de Música. As inscricións serán ata o día 11 deste mes na Casa da Xuventude, na rúa do Cancelo, ou nos teléfonos 982.879.483 e 982.580.720, en horario de 10:00 a 14:00 horas.

Haberá prazas dispoñibles en música e movemento para cativada a partir de 4 anos, formación instrumental para adultos cos instrumentos dispoñibles na escola, agrupacións musicais de diferentes tipos e outras actividades.

O tenente de alcaldesa Mario Pillado anima á cidadanía e ás familias de Burela a “ser parte deste novo curso na Escola de Música para desfrutar ao máximo desta arte na nosa vila”.