
O Burela Fútbol Sala anuncia que “o curso xa comezou tamén para a Escola Laranxa. Máis de 160 pequenas xoias entre prebenxamín e xuvenil xa están adestrando dende hai unhas semanas, pero queremos seguir medrando. Por iso abriremos xornadas de portas abertas para a enerxía e ilusión dos Biberóns. Serán entre o luns 14 e o venres 25 de setembro de forma totalmente gratuíta para todos aqueles nenos e nenas nacidos en 2021 que queiran apuntarse a través de CLUBER. Tamén estará dispoñible para @s nad@s en 2022, no caso de que queden prazas libres”.


